Thursday, October 20

eiquí tedes o blog, que vos guste................

Máis vale tarde que nunca, e aquí tedes o carallo do blog de migueliño crucetas alá polas terras de Papá Noel, no que espero que sigades as miñas andainas, que vos irei contando encantado; e para que non se me esqueza, o que queira aparecer nos links, que me mande un correo, ou unha carta manuscrita desas que xa non se levan.
En primeiro lugar a ver quen é o primeiro que se me pon a dicir que esta mal escrito en galego, eu escribo como me da a gana, estamos?
E en segundo lugar vouvos contar a viaxe; e o bo desto é que se non vos interesa non tedes por qué seguir lendo (chiscada de ollo).
Como todos sabedes, e se non o sabedes supoñédelo, a viaxe foi longa de carallo, saín da casa un xoves 1 de setembro para durmir esa noite en Madrid, na casa de Chuti, despois, avión a Copenhagen e de alí a Helsinki. Chego a Helsinki ás doce da noite do día 2, e ponte a buscar polo albergue que tes reservado!, menos mal que estaba no estadio olímpico e todo o mundo sabe dónde está eso, vos non?. O día tres voume pola mañá cedo á estación de tren da capital finesa (deseño do arquitecto Eliel Saarinen, para quen lle interese, algúns xa sabedes que gusto moito deste tipo de cousas) e collo o tren a Joensuu, no que estarei cinco horas vendo fermosas paisaxes, exóticas para calquera pipiolo coma min que nunca salira desa nosa terra de Breogán, mais que para percorrer a Peninsula Ibérica, e daquela maneira. De mostra tedes un botón en forma de foto tomada durante a viaxe.














Agora atópome contento coma un cuco, nunha cidade e cunha xente que xa sei que nunca olvidarei. Un biquiño, e que vos guste a páxina.

___________________


Pero bueno, tampouco pensedes que foi chegar e encher (que non sei si é con "h" ou sin ela, pero dame igual), cando baixei do tren en Joensuu, esperábame a miña tutora, Onerva, de 21 aniños, moi ben levados, haino que dicir, e conduciume a miña nova casa para os seguintes dez meses.
Vaia, vaia, vaia.....resulta que os fulanos que xa vivian alí dende facia dous anos eran máis porcos que a nai que os pariu, pero eles ainda non chegaran este ano, polo que estiven o primeiro dia soiño, no quinto carallo, nunha casa porquísima, e inda menos mal que a miña habitación estaba limpa e que pronto coñecin a un compañeiro que vivia no piso de arriba, moi bo rapaz.
















Pero a partires do segundo día todo foi como unha seda, comezo do Orientation Program no que coñeces a todo o mundo, e, como xa vos dixen, faste íntimo de todos en nada de tempo, non importa de dónde sexas, nin quén sexas. A primeira semana xa, por suposto, Wellcoming Party for International Students, ahi si que xa comezou o que queriamos:
coñecer xente,















a ser posible do xénero feminino, e rubias, que era ó que viñamos, ainda que despois, como sabedes, as circunstancias fixéronme tragar as miñas palabras. Aquí tedes unha pequena mostra das festas do comezo, incluindo a que organizamos os españois, á que, por suposto, acudiron tamén as forzas do orden público finlandesas.......qué seria unha typical spanish party sen policía?!















0 Comments:

Post a Comment

<< Home