Monday, October 24

estampas II

Por aquí, xentiña, xa non hai neve nas rúas, e o frío parece que nos deixa descansar un pouco, ainda que logo voltará, polo tanto a miña vida aquí reducíuse ultimamente a estar na casa, xa que fora non se estaba moi ben: despois de 15 minutos na bici xa se che conxelaban hasta as babas... bueno, algunha que outra festa sempre cae, pero nada máis (chiscada de ollo). Como tampouco teño moito tempo, nin nada extremadamente interesante para contar, polo momento, pois poñovos máis fotocaralladas, que me gustan moito, para que perdades un poco o tempo no internete. veña, pasadeo ben é non levedes jolpes na cabesa. Ahh!! Por certo, felicidades a Letizia, que alegria!!!! (é irónico, por se non se nota: outra máis a chupar do bote, cajonacona, non imos dar traballado para darlles de comer).


Seta dos pitufos, nos xardíns de casa, cando non habia neve e podiase ve-la herba.
__________


En Koli (parque natural, ou sexa un monte)
__________


Vista dende o cumio de Koli
__________


Tamén en Koli
__________


O río de Joensuu, Pielisjoki.
__________


Con esa camiseta non podía ir a outro sitio que non fose a xogar unha pachanga, por certo, esta é a paisaxe máis fea que se pode ver en Joensuu... quen nos dera que ENCE fose como esto, que é tamen unha fábrica de pasta e papel
__________


En Koli
__________


Atardecer en Joensuu, isto é a cen metros da miña casa, asi como as dúas fotos seguintes:



xentiña

Segunda entrega de fotos no día de hoxe, no que segue nevando, agora con máis forza, comeza a haber xa unha profundidade de neve importante, nalgúns sitios entérraste hasta ó nocello; a ver se mañá saco unhas fotiños, para que vexades, meus pequenos, estas que tedes aquí son de tempo atrás, é dicir, algunhas duns días, outras de semanas, por Joensuu e arredores. Non esquezades mirar tamén a anterior entrada.


Matrículas cando menos curiosas nun aparcamento do centro, no que, por suposto non hai gorrillas
__________


Viaxe a Savonlinna, no castelo que hai nunha illa no lago
__________



Migueliño pintando o parvo
__________



Festa en Skarpi, sala que podes alquilar durante unha noite por 40 €urelios, millor dito, podías, por que dende que uns alemáns montaran un cristo do carallo, xa solo poden alquila-la fineses. Cajonacona !
__________



Fotos da sesion karaoke, quén mo ia dicir !?, nun karalloke... pero as risadas que pasamos foron boas:

Sen esquecer que coñecimos xente tan interesante como esta boa amiga, da que non sabemo-lo nome, so sabemos que bebe coma unha esponxa... como todo-los fineses, collen cada peteneira...!!!
__________



De esquerda a dereita: Mitxel (vasco), Pablo (madrileño), e ó outro penso que xa o coñecedes
__________




Jonas (Germany), Mijeliño de Rebordelo, Santi (Alcalá) e Bjarne (from the Netherlands).
__________




Vinilo de Julito, esto é o mellor que podes atopar nunha tenda de segunda man no cu do mundo. Por suposto non o compramos... ainda seque alí.
__________



O dia que atopamo-lo LIDL foi un dia grande
__________




Tratando de facer unha tortilla... ó final podíase comer.
__________




Raqueliña no lago, ahí ó lado está o noso barrio, a uns metros.
__________




Con Raqueliña nunha festiña
__________




Con Marta (from Toledo)
__________



Con Florian, from Germany, un cachondo.
__________




Clara, de Madrid...tamos cheos de madrileños... estanme roubando o acento, son máis, pero a eles tamén se lles pega... o dos tempos verbais compostos en castelán xa se lles vai esquecendo
__________




Cajondiola, Bjarne, estás en todas...tamén lle podedes chamar Beyonce, ou Bjork
__________





Con Santi e Andrew (canadiense...ese Brian), xunto ó cartel da nosa rúa.

______________joensuu_______________
_______

estampas

Aquí tedes unha colección de fotocaralladas tomadas nestas semanas que levo en Suomi. Están bonitas, ou!?.


Pablo, Bjarne e unha vela.



Bjarne´s bike



A miña máquina







_______________________



Estas dúas fotos están tomadas en Koli, un parque natural que está a unha hora en coche. Xa vos ensinarei fotos desa viaxe.
__________






Unha das pontes que cruza o rio.




foto tomada tamén en Koli


Bjarne facendo a mona



Sunday, October 23

primeira nevada

Ainda que deberia de subir primeiro toda-las fotos que teño destes case que dous meses xa que levo aquí, pensei que as circunstancias eran propicias para adiantarvos o panorama que me topei esta mañá cando me erguín para estudiar, cousa que claramente non estou a facer, como vou a estudiar se miro pola fiestra da habitación e vexo isto?:
...e miro pola da cociña e vexo estoutro:
...así que dixen, vou baixar a sacar unhas fotiños aquí nos xardíns de diante a casa par a miña xentiña de Pontevedra e arredores. Polo de agora parecemos nenos pequenos coa neve, a ver se dentro de dous meses estamos igual, ou estamos xa fartos de ter un metro e medio de neve diante a porta. Unha pequena mostra, que vos guste:

Bueno neniños e neniñas, isto é todo polo de agora, perdoade que non me explaie mais nos comentarios pero é que esto esta dando unha chea de fallos. Un biquiño, xente. Deica a proxima.